Masterclass Tiñas plans? Pre-pá-ra-te! (Creatividade e estratexia)

Masterclass

A Escola Superior Marcelo Macías en colaboración con Sísmica, organizarán a Masterclass "Tiñas plans? Pre-pá-ra-te! (Creatividade e estratexia)", o venres día 27 de maio de 2022, de 17:00 a 19:30h.

 

Será impartida por Samuel L. Paris, responsable de contidos e estratexia en Nasas, axencia creativa dixital fundada no ano 2012 e ubicada na Coruña. Ademáis, exerce a docencia desde 2019 como poñente no Máster de Innovación e Estratexia Dixital da UDC, onde imparte módulos de estratexia en social media, social ads e optimización de contidos.

 

PROGRAMA:

Nesta masterclass analizarase a importancia de contar con perfís heteroxéneos na conformación de equipos creativos, con persoas con diferentes backgrounds, intereses, capacidades e experiencias, e como favorecer o desenvolvemento destes equipos, tanto desde o punto vista colectivo como individual; achegando experiencias persoais e tamén casos de éxito de Nasas.

 

PRAZAS LIMITADAS

 

Información e reservas: nas instalacións da escola, no teléfono 981 235 265 ou a través do email: escuela@marcelomacias.com


Etiquetas: A Coruña , Creatividad , masterclass

Compartir