Masterclass "O deseño como activismo social"

Masterclass

A Escola Superior Marcelo Macías en colaboración con Sísmica, organizarán a Masterclass "O deseño como activismo social", o venres día 20 de maio de 2022, de 17:00 a 19:30h.

Será impartida por Uqui Permui, diplomada en Artes, graduada en Comunicación Audiovisual e Postgrado en Experiencia (UOC) de Usuario (UX). É directora de arte e deseñadora gráfica, especialista no campo da edición, con experiencia en deseño web, experiencia de usuario (UX) e deseño social. As dúas características xenéricas que definen os traballos nos que se involucra son, por un lado, a implementación de estratexias que incitan á colaboración e, por outro lado, a activación da esfera pública.

É socia fundadora dende o 2006 da Asociación Galega de Deseño (DAG). Presidenta de READ (Foro de Asociacións de Deseño) 2021-22 e socia de BEDA.

Actualmente dirixe o estudo de deseño Uqui Permui / uqui.net e é profesora asociada de deseño na facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

 

PROGRAMA:

A masterclass xirará en torno ao deseño social como ferramenta de transformación que se basa no diálogo e a participación, e aos procesos de traballo a través de casos prácticos nos que utilizo o co-deseño, procesos de thinking design ou narrativas transmedia.

Dentro do deseño social a miña investigación e experiencia, centrase sobre todo na gráfica feminista. Desde os setenta, os movementos feministas, un dos colectivos sociais máis activos a nivel mundial, utilizaron todo tipo de ferramentas creativas para expresarse, na maioría dos casos de forma colaborativa e outorgándolle unha grande importancia ao proceso, tanto na creación de consignas como na produción, valéndose de técnicas como a colaxe e a fotomontaxe, que, ademais de seren técnicas doadas de desenvolver en colectividade, son cla-ramente transgresoras. A partir destas experiencias analizo e vexo moitas similitudes co deseño social actual.

PRAZAS LIMITADAS

 

Información e reservas: nas instalacións da escola, no teléfono 981 235 265 ou a través do email: escuela@marcelomacias.com


Etiquetas: A Coruña , Diseño , experiencia usuario , masterclass

Compartir