Esta web emplea cookies. Si continúas navegando estarás aceptando su uso. Más información | Aceptar

Entrevista a Tino Barreiro: "Gustaríame seguir a ser curioso de profesión"

07 ago 2015
Entrevista a Tino Barreiro:

Co verán por diante e tras a festa de graduación dos nosos alumnos xa estamos pensando en novos retos para os nosos alumnos. E por iso nos lembramos de Tino Barreiro, antigo alumno da nosa escola, quen ven de acadar un novo reto: o premio Digital Creative polo The One Club. Imos falar con el. 



 


             Tino Barreiro con su premio


-         Ola Tino, noraboa polo premio! Cóntanos algo desa nominación no The One Show


-         Grazas. The One Club é unha organización internacional sen ánimo de lucro que recoñece a excelencia creativa, celebra cada ano o The One Show, unha gala en NY na que premian os mellores traballos a nivel mundial. Este ano dentro dese evento recoñeceron os One To Watch que se consideran os talentos de menos de 30 anos con mellor portfolio. Nesta ocasión só se premiaron 15 sumando as diferentes categorías. Eu fun recoñecido como Digital Creative.


-         En que proxectos estás a traballar nestes momentos?


-         Agora mesmo encárgome da comunicación de Moksín entre outras cousas. Pero ata o de agora estiven combinando isto co meu traballo a tempo completo como creativo para Contrapunto BBDO primeiro e DDB España despois. Moksín é un proxecto familiar no que levo inmerso case dende que teño uso de razón e espero que dure toda  a vida.


-         En que idiomas te manexas na túa vida diaria?


-         Se estou en Galicia uso o galego, paréceme o máis lóxico e natural tendo en conta que é a lingua desta comunidade e neste caso tamén a miña lingua nai. Se me atopo noutro lugar tento usar o idioma da zona se o manexo, e se non pois no que me entendan, que adoita ser inglés. Pero paréceme fundamental implicarse co uso da lingua dunha rexión para poder entender mellor esa cultura e por suposto porque unha lingua xa é cultura en si mesma e é labor de todos coidala, falala e respetala.


-
         Cómo foi o teu percorrido profesional ata onde te atopas agora?


-         Unha aprendizaxe de moitas equivocacións e algún que outro acerto. Traballo moito e moi duro e sempre tento aprender de todo o que me pasa. A inquietude e a tenacidade van sempre por diante.


-         Onde te ves en 10 anos?


-         Gustaríame dicir que onde eu decida, pero o tempo e as cirscustancias terán moito que dicir tamén. Na miña cabeza sempre está traballar en Galicia, sempre foi o meu obxectivo. Faríame moi feliz traballar no lugar onde nacín rodeado de xente implicada por sacar o mellor desta terra, porque eu creo que o ten, e facéndoo dun xeito responsable e comprometido. Penso que é moi importante e hai que tentar facer cousas aquí, na medida do posible nunca deixei de estar ligado a Galicia e esforzareime porque siga a así. O período que estou a vivir nestos últimos anos tómomo como unha etapa de formación e experiencia para logo voltar e facelo o mellor posible aquí


-         Para que marca che gustaría traballar?


-         Nunca fun moi de marcas e non teño predilección por ningunha en especial, penso que case calquera marca pode chegar a ser interesante se hai unha disposición de cliente e axencia a facer un bo traballo. As marcas deben esixir e os creativos deben dar o máximo. Ás veces os creativos/axencias pecamos e subestimamos aos clientes. Teño visto moita xente dicindo: “para este cliente ben chega isto, se fago algo máis marcado non o vai entender” e isto é un atraso porque así non se avanza e sorprenderíanse se estiveran dispostos a dar sempre o máximo. Poida que quizais a primeira vez non o compren, nin a segunda pero se as ideas son boas acabarán comprando e quedarán contentos. Subestimar o desprezar a un cliente ou marca é o peor que se pode facer, no fondo estás a limitarte a ti mesmo.



   Algunos de los trabajos de Tino Barreiro


-         Que é o mellor e o peor de traballar nunha gran axencia?
-         O mellor probablemente sexa a xente que coñeces e todo o que che ensinan a nivel persoal e profesional. O peor a presión, horas e condicións que a veces hai que manexar.
-         Que proxecto gardas no teu corazonciño con máis agarimo?
-         Tento que sexan todos, polo menos mentres os fago pois senón lle pos cariño ás cousas non saen. Pero debo dicir que aínda que se quedou a medio camiño do que deber&
iacute;a chegar a ser como idea “Volkswagen Bike Assist” é unha desas ideas que sempre gardarei no corazón.
-         Que traballo che gustaría ter feito ti?
-         Pufff moitos. Hai xente moi boa facendo cousas ben interesantes. A campaña de Lemz “Sweetie” ou o proxecto de “Raw for the oceans”, calquera proxecto que teña unha repercusión social me interesa.

Premio Digital Creative para Tino Barreiro

-         Se tiveras que escoller unha faceta profesional, con que te quedas: deseño, copywriting, investigación...?
-         Quédome coa curiosidade, que aínda que non é un título paréceme fundamental para facer calquera das cousas que te plantexes. Gustaríame seguir ser curioso de profesión.
-         Cos tempos que corren os nosos alumnos ás veces dudan ser quen de sacar os seus soños adiante, Que recomendacións tes para eles?
-         Non sei eu se son ninguén para dar recomendacións… na miña curta experiencia sempre hai cousas que se repiten a cot&
iacute;o e quizás sexan pistas a seguir: 1- Hai que equivocarse. Moitas veces. Para iso é necesario traballar moito e non dar nada por ben feito. Hai que cuestionar todo e a todos, e conseguir ter un criterio propio, respetando e aprendendo dos demais pero construír unha personalidade propia é básico. 2- Non renderse e poñer moito agarimo. Por moi difícil e lonxano que pareza, as cousas son posibles e senón conseguimos iso que pensábamos é moi posible que no camiño atopemos algo aínda mellor.  3- Humildade. É moi útil para poder aprender dos erros e non afogar coas vitorias.
-         Gracias Tino! Agardamos a túa visita pola Escola!!


Etiquetas: Alumnos , Diseñográfico , Entrevistas , Escuela , Publicidad

Compartir
Escuela Superior Marcelo Macías
Te informaremos sobre todas las novedades de nuestras titulaciones, másters y cursos.